PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O VENRES 22 DE MAIO


OLA MEUS QUERIDOS ALUMNOS!


Venres, último día da semana e con sol!🌞🌞🌞

 ORGANIZACIÓN DO DÍA:📅📌
1º.  RUTINAS
2º.  AUDICIÓN E LINGUAXE
3º.  INGLÉS
4º.  LECTURA ESCRITURA
5º.  SCIENCES
6º.  EXPRESIÓN PLÁSTICA
7º.  MOVEMENTO
RUTINAS  📆✏
DATA completa e de números, en castelán e galego.
TEMPO, NOME E APELIDOS... 

AUDICIÓN E LINGUAXE👂💬
 profe Emma, hoxe proponvos  FICHAS CON SONIDO  GA- GO- GU- CA / Aula A.L

INGLÉS E SCIENCES
Encontrarás as actividades no post HEALTHY HABITS CERTIFICATE que preparou o teacher Senén. 

LECTURA ESCRITURA📖📝
Hoxe día de santa Rita, propoño este dito tan coñecido entre os nenos

Intenta explicar o seu significado.
Con axuda de teu pais busca a súa orixe.
Copia o dito en letras maiúsculas e minúsculas.
Non te esquezas de lelo.




Outras actividades que podes facer:
- Unha lista de palabras que empecen por "R"
- Unha lista de palabras que terminen por "ita"
- Rimas con Rita, exemplo: Rita é unha nena moi bonita!


MATÉMATICAS ➕➖🔢🔟
A ver se consegues facer as sumas.
Exemplo: (a) 2+7=9

Conseguido!!!👏👏👏👍

Agora salgo mais difícil, uns problemas da vida d⚽iaria.
Veña ti podes!✨✨


EXPRESIÓN PLÁSTICA🎨🎨

Remate da semana e toca saber os nomes dos personaxes do cadro das Meninas de Diego Velázquez.

1- DIEGO VELÁZQUEZ ( DIEGO RODRÍGUEZ DE SILVA Y VELÁZQUEZ)
2- MARÍA AGUSTINA SARMIENTO DE SOTOMAYOR
3- ISABEL DE VELASCO
4- MENINA, INFANTA MARGARITA
5- MARI BÁRBOLA (MARÍA BÁRBARA ASQUÍN)
6- NICOLASITO PERTUSATO
7-  PERRO MASTÍN, SALOMÓN
Coas solucións escribe de novo os seus nomes e pinta o personaxe que mais che agrade.


MÚSICA E MOVEMENTO⚾🏃🏀💃⚽
Hoxe como fai tanto sol , procura saír a respirar aire puro, xoga, corre, salta libremente... Sempre gardando as distancias e a volta lavando moi, moi ben as mans. Cóidate, coidádevos!

Moi boa fin de semana !
Ata o luns!
Unha aperta a vosa profe.





Entradas populares de este blog

BRAIN BREAK AND NEW SHAPES! 🥚🪁

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O XOVES 18 DE XUÑO

PROPUESTA DE ACTIVIDADES PARA EL LUNES 23