PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O VENRES 17 DE ABRIL

OLA NENOS E NENAS!👋

CHEGAMOS O FIN DA SEMANA.

ORGANIZACIÓN DO DÍA:
1º.  RUTINAS
2º.  AUDICIÓN E LINGUAXE
3º.  INGLÉS
4º.  LECTURA ESCRITURA
5º.  SCIENCES
6º.  PROXECTO DÍA DO LIBRO
7º. MOVIMIENTO

RUTINAS

DATA completa e de números, en castelán e galego.
TEMPO

AUDICIÓN E LINGUAXE
Esta actividade, organízaa a profe Emma e está noutro post. Grazas Emma!

INGLÉS E SCIENCES
Encontrarás as actividades no post que prepara o teacher Senén. Grazas Senén!

LECTURA ESCRITURA
Imos acabar a semana traballando diferentes contidos co conto de “La oruga glotona”. Le as palabras e as instruccións si eres quen. 







Esta última imaxe é para que coa axuda das ilustracións tentes escribir o comezo do conto.

PROXECTO DÍA DO LIBRO
Para a próxima semana seguiremos traballando co conto de “La leyenda de San Jorge y el dragón”. Por iso recoméndovos mirar o seguinte vídeo. Coñeceredes outra versión. Preme no seguinte enlace.
MOVEMENTO 
Non esquezas seguir con MOVEMENTO E ABECEDARIO. Bailar e xogar.

Hora de merendar! Para min preparei esta deliciosa  EIRUGA LARPEIRA.


INGREDIENTES:
1 KIWI
1 UN CACHO DE FRESA
2 TIRAS DE PLÁTANO
2 ARÁNDANOS
2 SEMENTES DE CABAZA

Agora co que teñades na casa e con imaxinación, prepara unha para ti, (si é con froita mellor) coa axuda dun adulto. Tenta de escribir os ingrediente cando acabes de merendar...

Ata o luns! Traballades un montón! Merecedes un aplauso! 👏👏👏
Besiños a vosa profe.





Entradas populares de este blog

BRAIN BREAK AND NEW SHAPES! 🥚🪁

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O XOVES 18 DE XUÑO

PROPUESTA DE ACTIVIDADES PARA EL LUNES 23